Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo, clasificado para semifinais da Golden Cup

O Liceo, clasificado para semifinais da Golden Cup

Derrotou por 6-0 o Noia catalán

Medirase en semis co vencedor do Barcelona-Benfica

14/04/2022 21:38

Non hai mellor forma de preparar unha semifinal ante un rival potente que reafirmarse en cuartos cun marcador contundente. O Liceo asaltou esta tarde o Palacio dos Deportes da Coruña. Un gol espectacular de Adroher poñía por diante aos de Juan Copa aos catro minutos do encontro. O tanto e maila xopgada individual do Mago coruñés foron un aperitivo do que estaba por vir. Tras fallar un penalti, o Liceo ampliaba vantaxe aos 11 minutos grazas a Di Benedetto. Maxi Oruste primeiro e Dava Torres despois confirmaban a superioridade e maila efectividade dos liceístas ante o Noia. Con ese 4-0 e un Juan Copa que reclamaba tranquilidade aos seus chegouse ao descanso.

O guión mantívose no segundo tempo, cun Liceo moi superior en todas as facetas e que aos cinco minutos da reanudación engadía o quinto ao seu casilleiro. Habilitado por un enorme Adroher, César Carballeira superaba a Roca baixo o ferro. Os liceístas intensificaron as posesións mentres que o Noia buscaba oportunidades á contra. Unha pelexa desigual que os verdes gañaron con facilidade. Burgaya fixo o sexto a poucos minutos de pitarse o final do encontro. Tras unha exhibición na casa, o Liceo agarda rival para a penúltima rolda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade