Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma xogará o play off contra Xirona logo de perder en Almansa

O Leyma xogará o play off contra Xirona logo de perder en Almansa

Entrou no último minuto por diante no marcador pero non puido lograr un triunfo que posibilitaría un mellor emparellamento

G24.gal 20/05/2022 23:05

O Leyma Coruña perdeu en Almansa a posibilidade de rematar no sexto posto na fase regular da Leb Ouro e terase que xogar diante do poderoso Xirona ao mellor de cinco partidos estar na Final a Catro polo ascenso á ACB. 

Tiña enfronte a Almansa, un equipo que se xogaba a permanencia na categoría. Só lle valía o triunfo aos manchegos. Os nervios notáronse no treito inicial de partido con malas porcentaxes námbolos equipos e unha mínima vantaxe local (19-15). A aparición de Pecius con 7 puntos case consecutivos fixo que Coruña collese o mando no partido no segundo cuarto (26-32) pero a igualdade foi total ata o descanso (empate a 37). 

No terceiro cuarto o canoneiro de Almansa, Eddy Polanco, comezou a machacar o aro coruñés. Foise ata os 28 puntos e liderou a un equipo que marchou por riba dos dez puntos (62-51) como máxima diferenza. Pero Leyma voltou ao partido cun par de triplas no último período. Comezou a igualar o marcador aproveitando a precipitación local e chegou ao último minuto en vantaxe (78-79). A 50 segundos do final o local Nesbit anotou unha canastra decisiva, e a dez segundos Josep Pérez encestou a única das cinco triplas que tentou para provocar o delirio no pavillón de Almansa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar