Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Leyma gaña en San Sebastián e mantén con vida a eliminatoria

O Leyma gaña en San Sebastián e mantén con vida a eliminatoria

O inicio do último cuarto, cun parcial de 2-13, acabou por decidir o partido (71-83)

G24.gal 02/06/2023 21:37

O Leyma Coruña gañou o terceiro partido da eliminatoria na pista de Gipuskoa e salvou a primeira das tres bolas de eliminatoria que tiña o cadro vasco. 

Xogou un partido moi serio o equipo de Epi. No primeiro cuarto chegou a manexar 6 puntos de vantaxe (0-6 e 11-17) e acabou catro arriba (19-23). Pasou por un mal momento no inicio do segundo (parcial de 8-0 e catro minutos sen anotar), pero recuperouse o equipo coruñés e cun mate de Diagne marchaba por diante ao descanso (39-40). 

Á volta do descanso o Leyma volveu a estar mellor, sempre por diante pero con vantaxes de 4-5 puntos (42-47, 51-55) ata os intres finais nos que o Gipuskoa conseguiu rematar por diante (56-55). 

A chave do partido estivo no último cuarto que comezou cun 0-8 a prol do Leyma (56-63) e o parcial aumentou ata lograr dez de diferenza (58-68). Unha marxe que soubo manexar con mestría no treito final e gañar o primeiro dos tres partidos que ten que vencer consecutivamente.

O equipo local dependeu demasiado do acerto de Solazzo e Jaworski. Pola contra o Leyma exprimiu ao máximo a súa rotación con oito xogadores por riba dos 8 puntos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar