Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Leyma Coruña arrasa o Estudiantes e albisca a Liga ACB

O Leyma Coruña arrasa o Estudiantes e albisca a Liga ACB

Gañou por 114-88 nun partido vital para o ascenso directo e pon dúas vitorias e average de marxe co segundo clasificado

O equipo galego leva doce triunfos seguidos na Leb Ouro

G24.gal 08/03/2024 22:13

Quedan moitos partidos pero o Leyma Coruña deu un paso de xigante para o ascenso á ACB co triunfo sobre Estudiantes (114-88). O histórico equipo madrileño queda agora a dúas vitorias dos coruñeses e co average perdido, unha marxe moi interesante de cara ao treito final da Liga Leb. 

O equipo coruñés comezou dun xeito asoballador, cunhas porcentaxes no lanzamento exterior extraordinarias e marcando unha vantaxe moi clara (21-9). O Estudiantes non atopaba o xeito de parar a maquinaria do Leyma que rematou o primeiro cuarto cun 38-23 e 8/11 nas triplas. 

No segundo cuarto o cadro estudantil conseguiu frear a sangría en defensa e da man de Larsen foi recuperando puntos no marcador ata chegar ao 59-52 co que se chegou ao descanso. 

O terceiro período puido o Estudiantes coller a dianteira (72-70) e posesión pero non aproveitou o seu momento. O Leyma necesitaba coller aire, logrouno e afrontou do mellor xeito o último cuarto. Burjanadze foi o director de orquestra e Jakovics o executor. A diferenza volvía por riba dos dez puntos de contado (81-70) e marchou ata os vinte (99-78) co Estudiantes totalmente desorientado. 

Jakovics (28) e Burjanadze (21) foron os máis destacados dentro do gran nivel de todo o equipo. O acerto no tiro libre (34 de 35) foi outro dos factores fundamentais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos