Publicador de contidos

Publicador de contidos

O leite en orixe sobe ata os 43 céntimos por litro

O leite en orixe sobe ata os 43 céntimos por litro

É o prezo máis elevado dende hai 14 anos

A cotización aumentou un 34 % en dous meses

G24.gal 11/08/2022 20:03

Os gandeiros galegos produtores de leite están a cobrar de media 43 céntimos por litro. É a cifra máis alta dende hai 14 anos.

Ademais, a cotización aumentou nun 33 % en apenas un mes, o que supón a suba histórica máis alta en menos tempo. O principal motivo da suba é a baixada da produción.

España produciu 27 millóns de litros menos ca no primeiro semestre do ano pasado. Aínda que en Galicia a oferta aumentou, as subas de prezo tamén chegaron ás granxas galegas.

Con todo, o bo prezo do leite non saca de apuros ás explotacións. Os custos de produción seguen disparados e o que se gaña de máis co leite vaise nas facturas de luz, gasóleo, concentrados ou fertilizantes.

Os gandeiros sinalan a industria como causante da baixada na produción e cren que os baixos prezos pagados ata hai un mes levaron ao peche de numerosas granxas e o sacrificio de centos de vacas.

As previsións son que o litro de leite en orixe acade un prezo de 49 céntimos a finais de ano debido á alta demanda mundial de derivados leiteiros, especialmente queixo e manteiga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade