Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mala xornada para os equipos galegos na Liga Feminina de baloncesto

Mala xornada para os equipos galegos na Liga Feminina de baloncesto

O Jairis derrotou o Ensino no Pazo por 58-81

O Baxi perdeu na Malata contra o IDK (66-71) antes do encontro europeo do mércores contra o Sosnowie na Eurocup (G2)

G24.gal 23/11/2025 14:59

O Hozono Global Jairis rachou a xeira vitoriosa do Durán Maquinaria Ensino -levaba cinco triunfos seguidos- na Primeira División feminina de baloncesto. O cadro murciano gañou con claridade (58-81) nun partido que dominou por completo e no que só pasou por algún apuro no terceiro cuarto. 

Desde a defensa comezou a cimentar a vitoria o Jairis que dominou o primeiro cuarto por 9-16 e chegou ao descanso cunha clara vantaxe (22-45). O acerto no tiro exterior de Jasmine Walker (6 triplas) e Lou López Senechal marcaba a diferenza. O Ensino tirou de carraxe no terceiro cuarto no que buscou a fazaña e gañou o parcial por 29-18 (51-63). Precisaba un último cuarto ao mesmo nivel pero o Jairis volveu a controlar a situación para marchar coa vitoria dun xeito cómodo. 

Pola súa banda, o Baxi Ferrol caeu na Malata ante o IDK nun partido en que as ferrolás entraron moi frías. Comezaron perdendo 8-17 e a base de apertar en defensa, puxéronse a 4 puntos a pouco máis de catro minutos para o final.

Houbo enfado na Malata coa actuación arbitral, Lino López foi expulsado por dúas técnicas e o Baxi rematou perdendo 66-71. Cuarta derrota na liga antes de recibir o mércores o Sosnowie na Eurocup, partido que veremos na G2.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade