Publicador de contidos
Publicador de contidos

O instituto de Ribadeo terá catro días de dó polos tres alumnos mortos en Xove

O instituto de Ribadeo terá catro días de dó polos tres alumnos mortos en Xove

Psicólogos e orientadores pautan o loito para que a ausencia dos tres mozos sexa o menos traumática posible para alumnos e profesores

A volta ás aulas comezou cunha lembranza e un minuto de silencio

Alumnos do instituto durante o minuto de silencio
G24.gal 11/04/2023 13:19

O instituto onde estudaban tres dos catro mozos falecidos no accidente de Xove retoma o curso escolar de loito.
O centro segue as recomendacións de psicólogos e orientadores para que a ausencia dos tres alumnos sexa o menos traumática posible. Os actos de dó pautados polos especialistas empezaron cunha lembranza e un minuto de silencio antes de entrar nas aulas, e seguen no interior do centro.

"O que máis nos preocupaba era ver os pupitres baleiros, o que máis, o que máis. A min pasoume algo similar cando era estudante e aínda lembro ese momento. Dixéronnos que deixaramos caixas nos seus sitios para que cada un poida meter dentro obxectos, cartas, fotos ou frases de despedida". Pode servir, escribir, exteriorizar sentimentos", dixo Modesto Refojo, director do Instituto Dionisio Gamallo.

"É complexo. Necesitamos axuda. Nós non somos psicólogos nin psicólogas".

Nos corredores hai outro espazo para que o resto do alumnado e os profesores poidan tamén deixar as súas despedidas. Por consello dos psicólogos, o instituto fixou data para rematar o loito.

"Recomendáronnos que estivésemos desde hoxe ata o venres en xornada de dó e que o venres fixeramos un acto de despedida onde estivera máis implicado o alumnado e demais. É complexo. Necesitamos axuda. Nós non somos psicólogos nin psicólogas", explicou Refojo.

No accidente, ocorrido o 1 de abril, morreu un cuarto rapaz e o condutor segue ingresado en estado grave na unidade de coidados intensivos do hospital de Lugo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade