Publicador de contidos

Publicador de contidos

A explosión dun alpendre e o posterior incendio dunha caravana deixan un home ferido en Bueu

A explosión dun alpendre e o posterior incendio dunha caravana deixan un home ferido en Bueu

O ferido, un veciño de Bueu de 49 anos, foi trasladado a Montecelo

O alpendre e a caravana quedaron totalmente calcinados

G24.gal 26/10/2025 11:00 Última actualización 26/10/2025 11:37

Un home de 49 anos de idade quedou ferido este domingo ao estoupar un alpendre situado a carón da caravana na que durmía nas inmediacións da praia de Tuia, en Bueu.

Segundo fontes da Policía Local, o ferido, veciño deste concello, sufriu queimaduras de segundo grao no corpo e de terceiro grao no rostro. Unha ambulancia trasladouno ao hospital Montecelo de Pontevedra en estado consciente.

O suceso produciuse minutos antes das 7:30 da mañá nunha leira privada situada no acceso ao areal da parroquia de Beluso. A Garda Civil abriu unha investigación para tentar esclarecer as causas que provocaron que o alpendre estoupara e que as lapas se trasladaran ata a caravana situada á súa beira. No momento do suceso o home atopábase só.

Segundo transcendeu, no interior do alboio había unha bombona de butano e gasolina. Tanto a caravana coma a pequena construción quedaron totalmente calcinados.

O 112 cursou o aviso e ao lugar dos feitos acudiron efectivos da Policía Local de Bueu, da Garda Civil, dos Bombeiros do Morrazo e do 061.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade