Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baixo control o incendio de Laza tras arrasar polo menos 740 hectáreas

Baixo control o incendio de Laza tras arrasar polo menos 740 hectáreas

A Xunta deu por extinguidos os incendios de Ponte Caldelas e Verín e por estabilizado o de Carballeda de Valdeorras

O incendio de Chandrexa de Queixa leva calcinadas máis de 200 hectáreas

Vista do incendio en Chandrexa de Queixa dende Taboazas
G24.gal 10/08/2022 18:00 Última actualización 11/08/2022 01:55

O lume levou por diante 740 hectáreas no concello ourensán de Laza. Doce axentes, 21 brigadas, 16 motobombas, 2 pas, 2 avións e 3 helicópteros traballaron sen descanso para combatelo. Mesmo se chegou a mobilizar a UME pero, ao final, non tivo que intervir.

A Xunta activou o nivel 2 de alerta pola proximidade das lapas ás casas no núcleo das Taboazas, no municipio veciño de Chandrexa de Queixa, desactivándoo unhas horas despois sen que houbese que levar a cabo desaloxos.

A chuvia que caeu con forza a última hora da pasada tarde axudou moito, ata o punto de que o alcalde acaba de contarlle á Radio Galega que xa o dan por controlado. José Ramón Barreal fala de perdas incalculables nos montes da Edreira e na Ferrería. Está convencido de que foi intencionado.

En Chandrexa de Queixa, o incendio que comezou en Queixa arrasou 200 hectáreas.

Sufocado o lume de Verín e estabilizado o de Carballeda de Valdeorras

Tamén na provincia de Ourense, Medio Rural informaba esta noite de que quedou extinguido o lume de Verín, declarado había unha semana e que arrasou 600 hectáreas, con datos aínda provisionais.

Deu ademais por estabilizado o que se iniciou na parroquia de Casaio, na localidade ourensá de Carballeda de Valdeorras. Arderon polo menos 440 hectáreas. A complicada orografía da zona dificultou moito o traballo dos equipos de extinción.

Apagado o incendio de Ponte Caldelas

A Xunta comunicaba esta noite que quedou sufocado o lume que queimou polo menos 380 hectáreas no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, na parroquia de Xustáns. Traballaron durante o día 5 técnicos, 28 axentes, 75 brigadas, 48 motobombas, 5 pas, 1 Unidade Técnica de Apoio, 8 avións e 10 helicópteros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade