Publicador de contidos

Publicador de contidos

O impacto da Intelixencia Artificial no noso modo democrático de organizar a sociedade

O impacto da Intelixencia Artificial no noso modo democrático de organizar a sociedade

Un dos retos está en acadar que o desenvolvemento da intelixencia artificial sexa ético e beneficioso para a toda a humanidade

 Tamén se aplica na medicina, mesmo para nun futuro diagnosticar enfermidades

G24.gal 07/11/2021 15:01

A intelixencia artificial inflúe cada vez máis nas nosas vidas. Coma calquera avance científico e tecnolóxico, trae consecuencias moi positivas para os seres humanos pero tamén xera certas inquedanzas.

A intelixencia artificial e os sistemas automáticos de decisión van modificar a nosa maneira de gobernarnos e o impacto que van ter no noso modo democrático de organizar a sociedade... pero acabarán as máquinas decidindo por nós?

"A través da análise de datos podemos coñecer mellor a realidade, crear un ecosistema humanos máquinas que en lugar de competir houbera unha colaboración e a gran pregunta é que tipo de decisións por exemplo dos procesos de goberno e de democracia podemos e debemos deixar en mans das máquinas que o van facer moito mellor e para que outras cousas en cambio non somos reemprazables por ela", asegura Daniel Innerarity, profesor no Instituto Europeo de Florencia Cátedra de Intelixencia Artificial e Democracia.

A intelixencia artificial tamén se aplica na medicina, mesmo para nun futuro diagnosticar enfermidades. Xa se está a utilizar, por exemplo, para previr e mellorar o tratamento de trastornos da aprendizaxe como é a dislexia.

"A intelixencia artificial o que fai é axilizar e aportar coñecementos en moitos ámbitos, na intersección entre saúde e educación, no caso da dislexia para mellorar a lectura e escritura e previr o baixo rendemento escolar", di Luz Rello, Fundadora da empresa social Change Dyslexia.

"O traballo simbiótico entre os profesionais da medicina e as máquinas pode axudar a que as máquinas fagan o traballo de análise de datos e axude aos médicos a tomar unha decisión de xeito máis eficiente diminuíndo moito os erros", di Amparo Alonso, Catedrática da Universidade da Coruña na área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial.

E un dos retos máis importantes está en acadar que o desenvolvemento da intelixencia artificial sexa ético e beneficioso para a toda a humanidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade