Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home acusado de matar a exparella, unha muller de 37 anos, en Cádiz

Detido un home acusado de matar a exparella, unha muller de 37 anos, en Cádiz

A falecida deixa tres fillos

O home tiña unha orde de afastamento dunha parella anterior

G24.gal 07/11/2021 20:11

María Isabel tiña 37 anos cando a súa exparella, un home de 44 anos que continúa detido á espera de declarar en sede xudicial, a acoitelou supostamente no seu propio domicilio. A finada deixa orfos tres fillos.  

Este novo caso de violencia de xénero, se se confirma, suporía a vítima número 37 en España no que vai de ano a mans da súa parella ou exparella. O concello de San Roque, en Cádiz, decretou tres días de loito oficial e convocou un acto de repulsa polo asasinato ás portas do teatro Juan Luis Galiardo. Na concentración participou a familia da asasinada e unha das fillas do presunto criminal.

A Garda Civil de Alxeciras localizou o corpo da muller sen vida no seu propio domicilio, na urbanización Alcaidesa de San Roque. O suposto criminal segue en dependencias policiais á espera de ter que presentarse ante o xuíz nas vindeiras horas.

No Sistema de Seguimento Integral de casos de Violencia de Xénero non constaba o nome de María Isabel, de 37 anos e nai de tres fillos. Nunca puxera unha denuncia. O que si aparece nese rexistro é a orde de afastamento do presunto asasino, de 44 anos,  sobre unha parella anterior a María Isabel. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade