Publicador de contidos

Publicador de contidos

O home que acoitelou nove veces un veciño en Carballo acepta dous anos de prisión

O home que acoitelou nove veces un veciño en Carballo acepta dous anos de prisión

Chegaron a un acordo tras recoñecer o acontecido e indemnizar a vítima con 28.500 euros

Non entrará no cárcere sempre que manteña o afastamento coa vítima e non volva delinquir durante tres anos

Imaxe de arquivo do lugar do Castro, na parroquia carballesa de Ardaña, onde tiveron lugar os feitos Imaxe de arquivo do lugar do Castro, na parroquia carballesa de Ardaña, onde tiveron lugar os feitos
G24.gal 25/02/2025 15:45 Última actualización 25/02/2025 16:27

O home de Carballo acusado de acoitelar en nove ocasións un veciño aceptou unha pena de dous anos de prisión, no xuízo fixado para este martes na sección segunda da Audiencia Provincial coruñesa.

Fíxoo tras un acordo entre Fiscalía, a defensa e a acusación particular ao recoñecer o sucedido o procesado e acordarse unha rebaixa da pena. Foi tras incluír a atenuante de reparación do dano ao abonar o procesado 28.500 euros en concepto de indemnización.

O avogado da defensa solicitou, ademais, a suspensión da pena de cárcere e a fiscal aceptou a petición. En consecuencia, o xuíz acordou a suspensión firme da condena de prisión coa condición de non cometer delitos nun prazo de tres anos e mantendo as prohibicións de achegamento á vítima.

Os feitos remóntanse ao 11 de abril de 2023, segundo consta no escrito da Fiscalía. Aquel día o procesado atopábase nas inmediacións da súa vivenda, no lugar de Ardaña, e iniciou unha discusión cun veciño.

Con intención de danar a súa integridade física, acoitelouno "repetidamente" cunha navalla multiúsos de 8,5 centímetros de folla, causándolle nove feridas incisas en diversas áreas do corpo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade