Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alerta máxima no Hierro, A Palma e Gran Canaria polo paso do ciclón Hermine

Alerta máxima no Hierro, A Palma e Gran Canaria polo paso do ciclón Hermine

De madrugada rexistráronse máis dun cento de incidencias no arquipélago

Agárdanse precipitacións e ventos máis intensos nas vindeiras horas

G24.gal 25/09/2022 18:45 Última actualización 25/09/2022 21:04

Desde hai algo máis de dúas horas O Hierro, A Palma e Gran Canaria están en alerta vermella pola proximidade do ciclón Hermine, mentres o resto das illas permanecen en aviso laranxa.  

Aínda que o núcleo deste fenómeno tropical, que antes foi furacán, non toque as illas Canarias o seu rastro xa se está a facer notar. Vai cara ao oeste pero as vindeiras horas, especialmente durante a madrugada do luns, as chuvias e o vento van ser aínda máis intensas

O Hierro, o leste da Palma e o sueste de Gran Canaria seguirán en nivel vermello ata as doce da noite, con posibilidade de ampliar a alerta ata o luns, día no que se suspenderon as clases.

A UME xa está no arquipélago e todos os aeroportos seguen operativos. Porén, Binter suspendeu os voos ás tres illas en alerta máxima ata este mediodía e un cento de voos foron cancelados ou desviados, a maioría en conexión con Tenerife Norte e A Palma. 

Un cento de incidentes

Esta madrugada as emerxencias canarias rexistraron máis dun cento de incidentes. Houbo desprendementos en Valverde, no Hierro, asolagamentos, caídas de árbores sobre coches estacionados e incidencias no tendido eléctrico en Tenerife.

En Gran Canaria afundiuse parcialmente o firme da estrada do Dragonal e varios garaxes e sotos están anegados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade