A primeira dina do outono anegou baixos e cortou estradas en Foz
Foi o concello galego máis afectado pola tormenta, con dez incidencias xestionadas polo 112
A primeira dina do outono deixou pegada na Mariña luguesa. Segundo os rexistros de MeteoGalicia, en Foz acumularon 45 litros de agua por metro cadrado; e 44,3 en Burela.
En Nois caeu tal tromba de auga -concentrada en poucos minutos- que as rúas quedaron anegadas, convertidas nun río. Explican os veciños que, por ese treito, vai soterrado un regato. A tubaxe de canalización rebordou con tanta auga.
A auga afectou tamén ás vías de comunicación: houbo que cortar a Lugo-151 en Fazouro por un desprendemento de terra, e continúan os labores para limpar outras estradas secundarias.
"Caeu unha tromba de auga tremenda en pouco máis de media hora" explica Francisco Cajoto, alcalde de Foz. "Afectou a rede de saneamento, que non foi capaz de evacuar tanta auga; e aos camiños e vías de comunicación. Estamos limpando e abrindo paso para as vivendas", engade.
Do cento de incidencias que deixou a tormenta en Galicia, dez rexistráronse en Foz.