Publicador de contidos

Publicador de contidos

O grupo Lence fai cincuenta anos en Galicia

O grupo Lence fai cincuenta anos en Galicia

Máis do 40 % do leite que se consome sae das explotacións galegas

G24.gal 04/12/2025 16:46

Galicia lidera a produción de leite en España con máis de tres millóns de toneladas en 2024.

Máis do corenta por cento do leite que se consome sae das explotacións galegas.

Algunhas pequenas, con anos de traxectoria, outras máis grandes e modernizadas que garanten a remuda xeracional.

"Somos cinco socios e un traballador. Temos en total 600 cabezas, unhas 300 muxidoras", di Adrián Paredes, da gandaría SAT San Antonio.

"Eu levo a granxa eu soa. Teño unha gandaría pequena, 50 vacas, 38 para muxir", comenta Luz Divina López, da granxa Abiña.

Máis do setenta por cento do leite que sae das nosas explotacións transfórmase ademais en Galicia.

"Entre as tres empresas que máis leite recollen en Galicia, polo menos unha é galega, a nosa. Significa que o valor engadido, froito do traballo dos gandeiros, queda onde ten que quedar, en Galicia. Porque somos a única destas tres empresas que ademais de comprar todo aquí, o transforma todo aquí", conta Carmen Lence, presidenta do Grupo Lence.

"Para a semana que vén, faremos ese segundo pagamento da PAC, que tamén é importante dicilo, porque nestas datas adoitámolo facer, este ano un chisquiño antes", di María José Gómez, conselleira do Medio Rural.

Avanzábao ante os máis de 300 gandeiros que traballan na actualidade para Grupo Lence, que celebra o seu cincuentenario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade