O Gordo de Nadal anima as vendas do sorteo da lotería do Neno
O Gordo de Nadal anima as vendas do sorteo da lotería do Neno
O efecto chamada nótase en toda Galicia, pero sobre todo na Coruña
O último sorteo do Gordo de Nadal foi moi xeneroso con Galicia, especialmente coa Fonsagrada e A Coruña. Na administración da rúa Barcelona, onde hai un par de semanas celebraban por todo o alto, recoñecen que ese efecto chamada se notou e moito. As vendas de cara ao sorteo de pasado mañá van moi ben e, aínda que xa repartiron 180 millóns de euros este Nadal, eles resaltan que contan coas mesmas posibilidades ca o resto de seguir repartindo premios e alegría.
As vendas da lotería de Neno, que xa de por si se concentran en practicamente tan só nos 15 días que pasan entre ambos os sorteos, este ano están a ser moi boas. A xente quere probar a sorte que algún xa tivo hai uns días e que outros buscan agora.
O sorteo do 22 de decembro repartiu máis de 2.400 millóns de euros, mentres que do 6 de xaneiro reparte 700. Pero aínda que nos dous hai os mesmos números, 100.000, o de Nadal reparte pouco máis de 15 mil premios, mentres que no do Neno son preto de 40.000.