Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un coche acaba nunha praia de Poio ao tentar dar a volta na area

Un coche acaba nunha praia de Poio ao tentar dar a volta na area

Baixou de madrugada por un acceso estreito e sen saída

É o segundo vehículo atrapado no areal de Chancelas pequena este verán

G24.gal 10/09/2026 08:40 Última actualización 10/09/2026 14:49

Coñécese que un despiste fixo que o coche, de matrícula portuguesa, acabara varado nesta praia de Poio. Dentro viaxaba unha parella de turistas, eran as catro da madrugada e seguramente non viron o sinal que indica que a pista non ten saída. E non é a primeira vez que pasa.

"A semana pasada meteuse un coche vermello, baixou por aí equivocadamente, porque non hai saída nin oco para dar a volta. Quedou empotrado na praia igual ca o de hoxe".

Seguramente quixeron dar a volta na area, pero non foi boa idea. Non hai danos persoais, pero sacar o coche da praia será un reto. De feito, un guindastre intentouno sen éxito á primeira hora da mañá. A pista de baixada á praia é estreita, non é sinxelo circular marcha atrás, e os que queren dar a volta acaban enterrados na area.

"Creo que antes había escaleiras para acceder á praia, e agora puxeron unha rampa na que colle un coche. Igual pensan que poden circular nesa rampa para dar a volta e acaban na area".

Axentes da Policía Local e do Seprona inspeccionaban a zona esta mañá para esclerecer as circunstancias deste aparatoso incidente, o segundo deste verán na praia de Chancelas Pequena.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos