Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno tramita unha petición particular de indulto para García Ortiz

O Goberno tramita unha petición particular de indulto para García Ortiz

O Ministerio de Xustiza activa a maquinaria legal pedíndolle un informe ao Tribunal Supremo

O exfiscal xeral do Estado Álvaro García Ortiz, durante o seu xuízo no Tribunal Supremo (EFE) O exfiscal xeral do Estado Álvaro García Ortiz, durante o seu xuízo no Tribunal Supremo (EFE)
G24.gal 28/01/2026 08:38

O Goberno inicia os trámites tras recibir a primeira petición de indulto para o exfiscal xeral do Estado Álvaro García Ortiz, condenado a dous anos de inhabilitación polo delito de revelación de segredos. Tras dela están dous particulares.

O Ministerio de Xustiza pediulle un informe ao tribunal sentenciador, o Tribunal Supremo, para que se pronuncie. A solicitude de indultos por parte de particulares poden realizala os penados, os seus parentes ou calquera outra persoa no seu nome.

O proceso, paso a paso

O primeiro trámite é someter a petición do indulto ao informe do tribunal sentenciador, neste caso o Tribunal Supremo, que condenou a García Ortiz por revelación e segredos.

Despois, dáselle traslado á Fiscalía e á parte agraviada. No caso de prosperar, a concesión do indulto compete ao rei, á proposta do ministro de Xustiza e previa deliberación do Consello de Ministros, que é quen ten a última palabra. Debe acordarse por real decreto e publicarse no Boletín Oficial do Estado.

García Ortiz foi condenado a dous anos de inhabilitación, ao pagamento dunha multa de 7.200 euros e a indemnizar con 10.000 euros por danos morais a Alberto González Amador, a parella da presidenta madrileña Isabel Díaz Ayuso. O motivo, a filtración aos medios de comunicación do correo electrónico en que o empresario se ofrecía a confesar delitos fiscais.

A sentenza foi apoiada por cinco dos sete maxistrados do tribunal que o xulgou. Recibiu dous votos particulares das maxistradas Susana Polo e Ana Ferrer, que trasladaron a súa discrepancia absoluta coa condena ao considerar que só había meras sospeitas e que, por tanto, García Ortiz debía ser absolto.

García Ortiz defende a súa inocencia e presentou un incidente de nulidade que está aínda pendente de resolución.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade