Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno cita a patronal e sindicatos o luns para buscar un acordo sobre salarios

O Goberno cita a patronal e sindicatos o luns para buscar un acordo sobre salarios

Os sindicatos queren que os soldos suban para compensar a inflación

 Os empresarios din que a alza dos prezos está a danar a competitividade das empresas

 

G24.gal 06/05/2022 14:49 Última actualización 06/05/2022 21:58

Sindicatos e patronal levantaron da mesa en que se negociaban as subas salariais para os vindeiros 3 anos. E non por falta de acordo nas cifras: a petición de UXT e Comisións andaba polo 9 % de aquí a 2024 e a CEOE estaba disposta a aceptar o 8.

Pero a diferenza insalvable estivo nas cláusulas de revisión salarial. Os sindicatos pedían complementar a suba de cada ano cunha porcentaxe ligada ao incremento dos prezos, de tal xeito que ao final do período os traballadores non perdesen poder adquisitivo.

Pero os empresarios non queren atarse ante un escenario cheo de incertezas e cunha inflación desbocada. A vicepresidenta do Goberno tentará o luns reconducir a situación.

 "A palabra chave é moderación, e que tanto os salarios como os beneficios e os dividendos empresariais respecten este principio de moderación para que non entremos nunha espiral inflacionista que non se está dando no noso país", dixo Nadia Calviño.

Tamén a ministra de Traballo pedíalles responsabilidade aos axentes sociais, "que pensen no seu país", pero cunha mensaxe á patronal.

"Como di o Banco de España, hai marxes empresariais para poder corresponsabilizarse co seu país en tempos de absoluta incerteza", asegurou Yolanda Díaz.

Díaz lembrou que, coa inflación estimada para este ano, un traballador que cobre o salario mínimo perderá 840 euros de poder adquisitivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade