Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno reforzará a seguridade dos camioneiros que non secundan o paro

O Goberno reforzará a seguridade dos camioneiros que non secundan o paro

A ministra de Transportes di que actuarán "con contundencia" ante actos de violencia

Raquel Sánchez asegura que a maioría do sector se opón ao paro

Antón Montero 16/03/2022 17:23

O Goberno reforzará a seguridade dos transportistas que non secundan o paro convocado pola Plataforma de Defensa do Sector de Mercadorías. A ministra de Transportes lembrou que son un grupo minoritario e asegurou que actuarán con contundencia contra os actos de violencia.

Raquel Sánchez di que os convocantes teñen "dereito a parar e a formular as súas reivindicacións. O que non ten é dereito a impedir o dereito e o libre exercicio da profesión á maioría, porque son a maioría, dos transportistas que queren seguir realizando o seu traballo".

O Goberno segue negociando co Comité Nacional de Transportes por Estrada medidas como equiparalos aos principios xerais da Lei de Cadea Alimentaria ou axilizar a publicación dos prezos de referencia do combustible para que poidan repercutilo nas súas tarifas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar