O Goberno propón limitar as cargas e descargas dos camioneiros para evitar os paros
Goberno e camioneiros seguen coas negociacións para que a patronal desconvoque os paros

Limitar que as cargas e as descargas as realicen os camioneiros, pero non o prohibe. Esta é unha das propostas do Goberno central para evitar os paros convocados polo sector entre o 20 e 22 de decembro.
Deixa así á negociación privada calquera decisión neste aspecto. Goberno e camioneiros seguen coas negociacións para que a patronal desconvoque os paros.
Outras das demandas do sector, a da revisión dos prezos para que os transportistas non teñan que facer eles sós a suba do diésel, o executivo central tamén o limita pero sen chegar a prohibir.
O Goberno si se comprometeu por escrito a non introducir ningunha peaxe sen o consenso do sector. Pero non retirou a proposta de cobrar polo uso das autovías, que remitiu a Bruxelas.