O Senado insta o Goberno a mellorar as conexións ferroviaras da provincia de Lugo
O PP sacou adiante unha moción para comprometer os investimentos
O Partido Popular sacou adiante unha moción no Senado que insta o Goberno a comprometer investimentos para mellorar as conexións ferroviarias de Lugo. Os populares denuncian unha discriminación da provincia e alertan do risco de que quede fóra das grandes autovías ferroviarias europeas.
José Manuel Balseiro, senador do PP, asegurou: "Por decisión libre, voluntaria e deliberada de Sánchez e de Óscar Puente Lugo volve ser a irmá pobre en materia de infraestruturas. A única provincia galega que non terá conexión coa alta velocidade".
María Isabel Moreno, senadora do PSOE, respondeulle: "Deixen de xerar incerteza. Se Galicia está no Corredor Atlántico é grazas ao Goberno de España. Xa se están facendo obras, entre elas unha estación intermodal en Lugo que parou no seu día o PP" "E sabe o peor de todo?, que están facendo unha intermodal á que non van chegar trens", concluíu o senador popular.