Mercar no comercio galego ata o 10 de xuño pode ter premio
Comeza a campaña Días Azuis, que este ano suma localidades nas catro provincias
Facer compras no comercio local de Galicia pode ter premio a partir de mañá. Só hai que rexistrar o tícket.
Ata o próximo 10 de xuño vanse sortear máis de 100 tarxetas regalo entre os consumidores: 44 tarxetas cun valor de 250 euros, e 60 máis de 150 euros, para facer compras nos establecementos adheridos. É a campaña Días Azuis, que este ano suma localidades nas catro provincias.
Preténdese fomentar a vitalidade do comercio de proximidade, e garda aínda unha sorpresa final: os premios entréganse o día 12 na Cidade da Cultura, onde se sortean 3.000 euros máis.
"Imos sortear entre os asistentes un premio de 3.000 euros para gastar nunha xornada na localidade que escolla a persoa afortunada", declarou José María Seijas, o presidente da Federación Galega de Comercio.