Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lourenzá pon en valor o legado da comunidade maragata en Galicia

Lourenzá pon en valor o legado da comunidade maragata en Galicia

A casa maragata de Vilanova acolle unhas xornadas sobre a historia dos comerciantes maragatos que chegaron a finais do XIX

G24.gal 26/04/2025 15:10 Última actualización 27/04/2025 12:16

Vilanova de Lourenzá acolle esta fin de semana unhas xornadas dedicadas á historia das familias maragatas en Galicia. Os expertos que participan neste encontro destacaron o papel tan importante que tivo esta comunidade na economía e na cultura galegas.

A casa maragata de Lourenzá é unha iniciativa de Xoán Rodríguez Rivas, descedente dos primeiros comerciantes maragatos que se asentaron en Galicia. Este centro de interpretación pretende dar a coñecer o papel destacado que tivo esta comunidade desde finais do século XIX.

O seu impacto cultural tamén foi importante. Por exemplo, na fundación da Real Academia Galega, co papel destacado de Marcelo Macías e de Andrés Martínez Salazar. 

A Maragatacasa de Lourenzá alberga arredor de 1.500 pezas e fondos documentais. Especialistas de Galicia e León intervirán ao longo da fin de semana nestas xornadas sobre sociedade, economía e cultura maragatas.

Un momento das xornadas que se celebran esta fin de semana Un momento das xornadas que se celebran esta fin de semana
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade