Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Adif renovará a liña do Miño con novos desvíos e travesas

O Adif renovará a liña do Miño con novos desvíos e travesas

A mellora será no treito entre Vigo-Guixar con Redondela e Guillarei

O orzamento das obras é de 12,6 millóns

G24.gal 28/05/2025 15:17

O administrador de infraestruturas ferroviarias afrontará a renovación do tramo entre Vigo Guixar-Redondela-Guillarei, da liña do Miño, con 12,6 millóns de euros en desvíos de última tecnoloxía e travesas.

O Adif explica nun comunicado que con esta actuación pretende aumentar a capacidade e fiabilidade desa liña de ferrocarril. Un dos contratos comprende a subministración de 34 aparellos de vía de última tecnoloxía e de diferente tipoloxía que se instalarán na estación de Redondela e na praia de vías da estación de Vigo-Guixar, na que tamén se montará un dobre desvío entre dúas vías paralelas para que se poidan conectar entre si.

Outro contrato supón a achega de 68.700 travesas e de maiores prestacións. Ademais, o Adif ten en licitación a subministración de grava (3 millóns de euros) e un contrato marco de carril para achegar o necesario a estes traballos, por un importe máximo doutros 10 millóns.

Mentres, en paralelo, o Adif xa ten adxudicados todos os traballos da renovación de vía. Recentemente contratou as obras de renovación de vía do trazado entre Redondela e Guillarei cun investimento de 49 millóns. Igualmente, contratou, por 32,7 millóns, a renovación de vía do trazado Redondela-Vigo Guixar, que inclúe a construción do novo apeadeiro de Chapela, actuacións en vías e plataformas das estacións de Redondela e Vigo-Guixar, e o reforzo do túnel de Vigo.

Ademais, o Adif xa adxudicou, por outros 12,3 millóns, a adecuación da sinalización de este mesmo tramo, Redondela-Vigo Guixar, e a súa integración no sistema de xestión de tráfico en remoto e tempo real.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade