Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cuerpo descarta un conflito con Bruxelas pola OPA do BBVA ao Sabadell

Cuerpo descarta un conflito con Bruxelas pola OPA do BBVA ao Sabadell

O ministro de Economía insiste en que o Goberno é "respectuoso" co procedemento e os prazos

A OPA irá a Consello de Ministros, dando 30 días ao Goberno para impoñer novas condicións

G24.gal 28/05/2025 14:45

O Consello de Ministros ten 30 días para decidir sobre a OPA do BBVA ao Sabadell, se pon máis condicións que as que xa ditou a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia.

Para Bruxelas, esas cláusulas son suficientes, e non ve motivo para que o Goberno español bloquee a operación, que tamén conta coa aprobación do Banco Central Europeo.

A Comisión Europea non descarta intervir, se fose necesario, pero o ministro de Economía non está "en absoluto" preocupado. Carlos Cuerpo insiste en que o Goberno está sendo "totalmente respectuosos co procedemento e cos prazos".

Sumar, contrario á OPA, si critica o pronunciamento da Comisión Europea. Para Ernest Urtasun, ministro de Cultura, "as grandes concentracións bancarias xeran grandísimos riscos para a economía, iso é o que aprendemos na pasada crise financeira". Na súa opinión, parece que a Comisión Europeo "o esqueceu".

Tamén Junts mete presión. Os de Puigdemont  cren que o goberno ten motivos suficientes para vetar a OPA. O mesmo opinan os sindicatos. Pepe Álvarez, secretario xeral de UXT, advertiu que "se o goberno actúa doutra maneira, imos recriminarllo, porque isto vainos xerar moitísimos problemas cos empregados do sector financeiro".

A CEOE prefire non mollarse, pero si apura ao Goberno para que se decidan "xa".  Antonio Garamendi considera que "non é boa a inestabilidade de estar pendente de se vai adiante ou non".

O Ministerio de Traballo vai esixir que se manteña todo o emprego nos dous bancos. Calcula que coa fusión poderían perderse 4.000 postos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade