Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno multará os restaurantes e supermercados que tiren a comida que sobra ou os alimentos caducados

O Goberno multará os restaurantes e supermercados que tiren a comida que sobra ou os alimentos caducados

É unha das medidas do proxecto de lei contra o desperdicio alimentario que acaba de aprobar o Consello de Ministros

As sancións poden chegar aos 60.000 euros 

G24.gal 07/06/2022 14:32

Tiramos ao lixo 31 quilos de comida por persoa cada ano. Comprar máis do que precisamos é a causa principal. A nova lei  afecta a bares e restaurantes que terán que facer unha xestión minuciosa dos alimentos. 

A mellor saída para os produtos que quedan sen consumir  son os bancos de alimentos, unha práctica habitual dos supermercados que ademais estarán obrigados a rebaixar os produtos próximos a súa data de caducidade. A nova lei non afecta os fogares, pero pídese concienciación. 

O Goberno propón ademais transformar os alimentos noutros produtos como zumes ou destinalos á alimentación animal. Ademais estudase o seu uso para subprodutos industriais e a reciclaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade