Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno garante a aprobación dos orzamentos tras o si de Bildu

O Goberno garante a aprobación dos orzamentos tras o si de Bildu

As pensións non contributivas subirán un 15 % en 2023 e os alugueiros seguirán topados

G24.gal 22/11/2022 12:31 Última actualización 22/11/2022 15:12

EH Bildu confirmou este martes o apoio dos seus cinco deputados ao proxecto orzamentario de 2023, que suma así os 174 votos que garanten a súa aprobación no Congreso por maioría simple para o seu paso ao Senado, segundo anunciou o seu portavoz, Mertxe Aizpurua, en conferencia de prensa.

Co apoio de EH Bildu, os orzamentos teñen xa 174 votos asegurados: PSOE (120), Unidas Podemos (33), PNV (6), EH Bildu (5), PDeCAT (4), Coalición Canaria (2), Más País (2), Compromís (1) e PRC (1).

Estes 174 votos garanten a aprobación das contas, que só necesitan maioría simple (máis si que non), xa que o escano do deputado de Unidas Podemos Alberto Rodríguez continúa baleiro e BNG anunciou a súa abstención. 

EH Bildu acordou co Goberno que as pensións non contributivas volvan subir o 15 % o ano que vén e que se prorrogue o límite do 2 % para a actualización das rendas de alugueiro ata o 31 de decembro de 2023.

Aizpurua, explicou que a limitación da subida do alugueiro ao 2 % incorporarase ao real decreto lei para paliar os efectos da guerra en Ucraína que se aprobará a final de ano. Esta norma tamén incluirá o aumento do 15 % das pensións non contributivas, que, segundo a deputada, supón manter unha subida media de 70 euros mensuais para este colectivo.

Tamén se compromete a transferir a competencia de tráfico a Navarra antes do 31 de marzo do próximo ano. Para a voceira de Bildu "é un acordo que mellora a vida da cidadanía e volve lograr avances sociais e económicos que protexen á xente".

Tamén o PDeCAT votará a favor dos Presupostos. A cambio, anunciou o seu voceiro Ferran Bel, o executivo asegura a "gratuidade durante o 2023 de todos os traxectos de autobús de titularidade estatal".

A ministra de Facenda agradécelles o apoio. Para María Jesús Montero, "pon de manifesto que o diálogo nunca se pode entender como unha traición, senón que é a mellor ferramenta que teñen os países democráticos"

Aínda non están pechadas as negociacións con Esquerra Republicana, que este xoves vai aproveitar a reforma do delito de sedición para tentar cambiar tamén o de malversación. Non aclaran, polo momento, como o farán.

Segundo o seu portavoz no Congreso, Gabriel Rufián, "é un delito complicado, non queremos que ninguén nos acuse de fomentar ningún tipo de corruptela, pero tamén é certo que temos que tentar que o Código Penal nunca máis sexa utilizado como un castigo ideolóxico".

Dende o PP, aféanlle ao Goberno o que consideran concesións aos nacionalistas. Para Alberto Núñez Feijóo, "o Goberno central está sendo un gran goberno pero non para os españois, senón para as minorías independentistas e as minorías populistas, ás que lles fai un Código penal á súa medida".

Bruxelas avala o orzamento español de 2023

A Comisión Europea deu este martes o seu visto e prace ao borrador de orzamento de España para 2023 tras constatar que cumpre coa súa recomendación de limitar o aumento do gasto público, e instoulle, como ao resto de países, a centrar as súas medidas para abaratar a enerxía aos máis vulnerables para evitar que suba a débeda.

La Comisión Europea advirtió de nuevo a España por los riesgos derivados del elevado nivel de deuda pública y privada, así como del alto desempleo, tres indicadores que la institución ha identificado desde hace años como los principales peligros de la economía española.

A Comisión Europea advertiu de novo a España polos riscos derivados do elevado nivel de débeda pública e privada, así como do alto desemprego, tres indicadores que a institución identificou desde hai anos como os principais perigos da economía española.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos