Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno fixa como solución provisional en Pedrafita habilitar máis quilómetros de autovía en dobre sentido

O Goberno fixa como solución provisional en Pedrafita habilitar máis quilómetros de autovía en dobre sentido

A modificación permitirá acurtar os tempos en 5 e 9 minutos en función do momento do día

Búscase que a solución estea lista para a súa entrada en funcionamento a partir do mes de agosto

A Xunta considera insuficiente a proposta para o desvío da A6 e o Ministerio intentará mellorala

G24.gal 30/06/2022 19:34 Última actualización 30/06/2022 21:55

O Ministerio de Transportes comprométese a tratar de buscar unha solución nos próximos quince días que mellore a alternativa ao desvío provocado pola derruba do viaduto na A-6.

A que propuxo na reunión coa Xunta de Galicia e a Junta de Castela e León acurta entre 5 e 8 minutos o percorrido do desvío e estaría funcionando en agosto. Evita o paso por Pedrafita pero só para o tráfico que circule en sentido Madrid. En ningún caso para os transportes especiais.

"Coa proposta na que xa se está traballando só se transcorrerá en 4,4 quilómetros pola Nacional VI. E todo ese treito en que se circula en un máis un por unha das calzadas da A-6 pasaría xa cando se volva a entrar en autovía a que cada quen circule pola súa calzada", explicou o director xeral de Infraestruturas do ministerio, Xavier Flores.

"É unha alternativa incompleta que só permite a mobilidade para os vehículos en dirección Madrid. Non resolve a mobilidade en dirección A Coruña e non resolve en ningún do dous sentidos a mobilidade dos transportes especiais", aseguraba a conselleira de Infraestruturas Ethel Vázquez o remate da reunión.

 A Xunta presentoulle ao Ministerio tres alternativas que considera viables e evitarían o paso por Pedrafita tamén para os transportes especiais. Considera que é necesaria unha proposta de mobilidade máis completa desde o momento en que se confirma que a reconstrución do viaduto derrubado vai para longo.

Posibles causas

O Secretario Xeral de Infraestruturas fixou entre as posibles causas da derruba un problema de cimentación ou que o taboleiro colapsara por outros motivos.

Asegurou que é necesaria a confirmación dos equipos de xeotecnia para poder fixar solucións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos