Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno ábrese a cambiar prazos no novo sistema de cotas de autónomos

O Goberno ábrese a cambiar prazos no novo sistema de cotas de autónomos

Os autónomos piden diálogo para pechar un acordo

G24.gal 21/04/2022 14:44

O ministro de Inclusión e Seguridade Social, José Luis Escrivá, di que está aberto a negociar para conseguir que autonómos e empresas acepten o novo sistema de cotas. Nega que exista unha proposta oficial e di que negocian sobre un texto que se pode cambiar.

Escrivá coloca a pelota no tellado dos autónomos e apunta que entre eles tamén hai discrepancias.

O ministro mostrouse aberto a aceptar "distintas fórmulas que permitan buscar consenso" entre as organizacións que negocian o novo sistema de cotización para autónomos, entre elas, unha modificación nos prazos para desenvolvelo.

Asegurou que o obxectivo do Goberno é conseguir reformar o réxime de cotización dos autónomos, para que o fagan en función dos seus ingresos reais, "co máximo consenso posible".

"Este é un modelo que pode tardar 10 anos en despregarse, é unha reforma estrutural de medio prazo", dixo o ministro, que engadiu que, con todo, "estamos abertos a distintas fórmulas que permitan buscar consenso e acordos".

Desde a Asociación de Autónomos din a través dun comunicado que o Goberno non contou con eles para elaborar a nova proposta, que recolle, din, 13 tramos de rendemento que van dos 240 aos 600 euros ao mes.

Aseguran, ademais, que causa un grave dano aos pequenos empresarios e que pon en perigo a viabilidade de moitos negocios.

A proposta do Goberno foi recibida con satisfacción pola asociación de autónomos UPTA, que cre que pode servir para chegar a un acordo despois de sete meses de reunións co Ministerio de Seguridade Social.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade