Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno confirma a posta en marcha de convois para garantir o abastecemento

O Goberno confirma a posta en marcha de convois para garantir o abastecemento

O ministro Luis Planas di que usarán “toda a firmeza que sexa necesaria” para garantir a subministración de alimentos

Porto de Bilbao (EFE/Miguel Toña) Porto de Bilbao (EFE/Miguel Toña)
G24.gal 17/03/2022 11:55

O ministro de Agricultura, Gandería e Pesca Luis Planas confirmou este xoves que os convois para garantir o abastecemento de alimentos debido ao paro do transporte "están a funcionar".

Durante unha entrevista en Tele5, o ministro concretou que traballa cos ministerios de Interior e Transportes para garantiren de maneira conxunta a subministración.

Planas adiantou que o Goberno usará “toda a firmeza que sexa necesaria” para garantir o abastecemento. Asegurou, respecto á organización da folga, que son un "grupo minoritario" que usan a "coacción" e a "violencia" para que o "abastecemento non sexa normal".

Durante esta xornada de folga, mercados como o de Mercamadrid rexistraron o acceso dun 62 % de vehículos fornecedores respecto ao mesmo día da semana anterior, o cal supón, segundo defenderon na empresa, unha "leve melloría".

Con todo, este aumento "non cambia a situación" tras unha semana que acumula un descenso do 50 % nas descargas con motivo da folga de transportes.

Á situación ocasionada polo conflito do transporte súmase a que están a vivir tamén outros sectores como o pesqueiro.

Neste sentido, o ministro trasladou ao sector o consenso a que se chegou onte durante a Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural e o Consello Consultivo de Asuntos Comunitarios. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade