Publicador de contidos

Publicador de contidos

O galego Luís Zahera, Goya ao mellor actor de elenco por "As Bestas"

O galego Luís Zahera, Goya ao mellor actor de elenco por "As Bestas"

É a segunda ocasión en que recolle este galardón e co mesmo director, Sorogoyen

Susi Sánchez mellor actriz de elenco por "Cinco lobitos"

Luís zahera recolle o seu Goya como mellor actor de reparto
G24.gal 11/02/2023 23:00 Última actualización 12/02/2023 09:22

Luís Zahera (Santiago de Compostela, 1966) gañou o Goya ao mellor actor de elenco polo seu papel de paisano en "As bestas" de Rodrigo Sorogoyen.

"Sevilla, estou en débeda con vostedes, todo o bo que me pasou, sucedeume aquí", dixo o actor galego nada máis recibir o seu Goya, o segundo da súa carreira.

"Grazas, sempre quixen rodar un western e matar un francés", dixo provocando as risas. Dedícollo ao meu irmán Anido", así como aos seus compañeiros na competición polo Goya, especialmente a Denis Menochet ao que dedicou un "I love you, man".

Zahera competía co seu compañeiro de elenco e irmán ficticio Diego Anido, con Ramón Barea, candidato por Cinco lobitos, e con Fernando Tejero e Jesús Carroza, candidatos ambos por Modelo 77.

É o segundo Goya que gaña; o primeiro, tamén como actor secundario, levouno na edición de 2019 con El reino, do mesmo director, Sorogoyen.

Zahera deuse a coñecer na TVG a finais dos 90 polo seu papel de Petróleo na serie Mareas vivas e deu o salto á ficción nacional con colaboracións en series como Hospital central" ou Sen tetas non hai paraíso e nos últimos anos traballou en Vivir sen permiso, Sky vermello ou Operación Marea Negra.

No cinema participou na adaptación de O lapis do carpinteiro que dirixiu Antón Reixa, o Alatriste de Díaz Yanes, en Cela 211 ou Mientras dure la guerra de Alejandro Amenábar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade