Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Frigoríficos pide a repetición do último minuto e medio do duelo ante o Bidasoa

O Frigoríficos pide a repetición do último minuto e medio do duelo ante o Bidasoa

No seu comunicado, o Frigoríficos denuncia que mentres o equipo visitante estaba co balón na súa posesión, o Delegado Federativo deste encontro "tomou a iniciativa de solicitar un tempo morto sen que dita solicitude fose realizada de maneira oficial polo adestrador do equipo rival”

G24.gal 01/04/2025 19:34 Última actualización 01/04/2025 19:38

O Frigoríficos do Morrazo solicitou este martes ao Comité Nacional de Competición da Federación Española de Balonmán (RFEBM) a repetición do último minuto e 22 segundos do partido do pasado domingo ante o Bidasoa polo que considera unha “grave vulneración das regras do xogo” por unha infracción cometida polo Delegado Federativo.

Os feitos sucederon no minuto 58:38, cando o marcador reflectía 28-30 a favor do equipo irundarra, que acabou vencendo por 30-31 ao cadro dirixido por Nacho Moyano. No seu comunicado, o Frigoríficos denuncia que mentres o equipo visitante estaba co balón na súa posesión, o Delegado Federativo deste encontro, D. José Carlos de Castro, "tomou a iniciativa de solicitar un tempo morto sen que dita solicitude fose realizada de maneira oficial polo adestrador do equipo rival".

Este feito -detalla a entidade presidida por Alberto González- produciuse “nun momento clave” do duelo porque os colexiados sinalaran falta en ataque do pivote chileno do Bidasoa, Esteban Salinas, a favor do Frigoríficos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade