Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Frigoríficos do Morrazo anuncia seis baixas

O Frigoríficos do Morrazo anuncia seis baixas

De momento, o Frigoríficos anunciou a fichaxe do porteiro internacional montenegrino Haris Suljevic

G24.gal 28/05/2025 17:10 Última actualización 28/05/2025 17:15

O Frigoríficos do Morrazo anunciou este mércores que o central húngaro Rajmond Toth, os pivotes exipcios Omar Sherif e Mohammed Essam, o porteiro serbio Luka Krivokapic, Brais González e Javier Azurmendi non continuarán no equipo a tempada 2025-26.

Toth, Essam e Brais González acaban contrato o próximo mes de xuño, mentres que Sherif e Krivokapic regresarán aos seus clubs de orixe tras finalizar a súa cesión. O internacional exipcio volverá ao Ao-Ahly do seu país, mentres que o porteiro balcánico marchará cedido ao Granollers desde o Stuttgart alemán, club ao que segue pertencendo. O caso do extremo dereito Javier Azurmendi é diferente, xa que o xogador galegodecidiu deixar o balonmán profesional por un motivo persoal.

Estas baixas únense ás xa anunciadas polo club presidido por Alberto González do lateral esquerdo danés Mads Thymann, o porteiro Jorge Pérez e o lateral romanés Rares Fodorean.

De momento, o Frigoríficos, que a partir da próxima tempada estará dirixido por Quique Domínguez, anunciou a fichaxe do porteiro internacional montenegrino Haris Suljevic (Izvidac)

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade