Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta Fortuna salva un punto ante o Zamora na última xogada do partido (3-3)

O Celta Fortuna salva un punto ante o Zamora na última xogada do partido (3-3)

Álvaro Marín empatou o partido cunha espectacular volea a saída dun córner

Pablo Meixús de penalti e Anxo Rodríguez anotaron os dous primeiros tantos do filial celeste

@rccelta
G24.gal 23/01/2026 20:41

O partido comezou con dominio zamorano que pouco a pouco foi reducindo o filial celeste ata poder levar eles o peso do partido. E nunha xornada levada por banda esquerda por Ángel Arcos, a perla da canteira celeste provocaría un claro penalti. O capitán Pablo Meixús foi o encargado de transformalo. Con vantaxe no marcador o equipo vigués foi crecendo no partido e nunha xogada a balón parado, xa na prolongación da primeira metade, Anxo Rodríguez ampliaría a renda dos vigueses. Pero na última xogada antes do descanso, xa no minuto 54 , Javi Carbonell reducía diferenzas antes do descanso. 

Este gol trocaría o signo do partido. Na segunda metade o equipo de Óscar Cano foi superior ao filial vigués. O ex do Ourense CF Javi Carbonell anotaba o seu segundo gol e igualaba o partido tras unha xenialidade de Kike Márquez. E nunha xogada moi protestada polos celestes, que pedían que o balón saíra pola liña lateral, sería o propio Márquez quen culminaba a remonta dos zamoranos. Pero cando xa parecía que a vitoria se escapaba de Balaídos, na última xogada do partido, Álvaro Marín conectaba unha volea á escuadra da portería de Fermín que supoñía o empate a tres definitivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade