Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Fogar do Santiso vai ser a voz da gastronomía sostible en Fitur

O Fogar do Santiso vai ser a voz da gastronomía sostible en Fitur

Presentará na feira o seu modelo de negocio, baseado no produto ecolóxico e de proximidade

G24.gal 15/01/2022 22:33

O Fogar do Santiso, un restaurante familiar que abriu hai 26 anos no concello de Teo, explicará na Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) o seu modelo de negocio. En 2007 decidiron reinventarse e  apostar polo autoabastecemento e polo coidado do medio ambiente.

O restaurante comezou daquela a súa aposta pola produción ecolóxica e de proximidade. Nas súas terras cultivan os produtos de horta que serven na carta e traballan en colaboración con outros pequenos produtores.

O restaurante abastécese enerxicamente de placas solares. Cos residuos que xeran fan compost para comezar novamente o círculo que vai da terra á mesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade