Publicador de contidos

Publicador de contidos

O fiscal acusa de homicidio o exnoivo de Nerea Añel

O fiscal acusa de homicidio o exnoivo de Nerea Añel

Tanto a Fiscalía como a acusación particular atribúenlle un delito de homicidio por omisión e outro de malos tratos

G24.gal 14/09/2022 11:55

Hai novidades no caso de Nerea Añel, a moza que apareceu morta en Ourense en setembro de 2020. O que fora mozo seu, Julio González, será xulgado por homicidio e malos tratos. 

Ante o propio acusado, que compareceu por videoconferencia desde o cárcere, onde cumpre condena por outros delitos, a Fiscalía, a defensa e mais a acusación particular presentaron as súas propostas con vistas ao xuízo, que se celebrará con xurado popular.

Tanto a fiscalía como a acusación particular atribúenlle un delito de homicidio por omisión e outro de malos tratos. Consideran que Julio estaba presente cando Nerea faleceu, e que non fixo nada por axudala. Tamén que a agrediu en máis dunha ocasión cando eran parella.

Nerea, de 26 anos, apareceu morta nun camiño nas inmediacións do motel Cancún, onde ambos foran vistos por última vez en xaneiro do mesmo ano. O acusado nega os feitos e a súa defensa pide o sobresemento do caso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade