Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home por matar a súa sogra durante unha rifa familiar en Murcia

Detido un home por matar a súa sogra durante unha rifa familiar en Murcia

Tamen resultaron feridos a parella sentimental do acusado e filla da falecida así como o pai do presunto homicida

Un axente da Garda Civil/Foto de arquivo/Garda Civil/Europa Press Un axente da Garda Civil/Foto de arquivo/Garda Civil/Europa Press
G24.gal 30/04/2025 22:33

Un home de 44 anos foi detido como presunto autor da morte por arma branca da súa sogra durante unha rifa familiar ocorrida ao redor das 20:00 horas na pedanía murciana de Sangonera La Seca, en Murcia.

Durante a agresión resultaron tamén feridas outras dúas persoas, a parella sentimental do acusado e filla da falecida, así como o pai do presunto homicida.

Entre o detido e a súa parella non existían antecedentes por violencia de xénero, segundo a Garda Civil, que detivo pouco despois dos feitos ao presunto agresor por un delito de homicidio, e iniciou a investigación do caso.

Ata a vivenda desprazáronse efectivos de emerxencias, cuxos sanitarios non puideron facer nada pola vítima, e descoñécense polo momento as circunstancias nas que se produciu o ataque.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade