Cargando resultados...
O Festival de Cine de Berlín acolle tres filmes de creación galega
As longametraxes 'Matria' e 'Sica', están participadas pola Televisión de Galicia
G24.gal
17/02/2023 21:57
O cinema galego ten máis presenza ca nunca no Festival de Cine de Berlín.
Desde este venres prográmase neste certame dúas películas participadas pola televisión de Galicia: 'Matria', de Álvaro Gago, que ten como protagonista unha traballadora arousá; e 'Sica', de Carla Subirana, a historia dunha filla que espera que o mar lle devolva o seu pai, un mariñeiro desaparecido.
Nesta edición histórica para o cinema galego tamén participa o director vigués Lois Patiño coa película experimental 'Samsara'.