Vigo acolle a preestrea de 'Rondallas', a película de Sánchez Arévalo rodada no sur de Pontevedra
Javier Gutiérrez e María Vázquez protagonizan unha película con participación da Televisión de Galicia
Vigo acolleu este xoves a preestrea de Rondallas, unha película que aborda este fenómeno cultural a través dunha comedia vitalista.
Despois dunha traxedia no mar, a recuperación dunha vella rondalla para competir contra as vilas veciñas preséntase como o estímulo que une todo o pobo para saír adiante e recobrar a ilusión.
É a historia que podemos atopar na sexta película de Daniel Sánchez Arévalo, con participación da Televisión de Galicia, e con Javier Gutiérrez e María Vázquez como protagonistas.
Conta no seu elenco con actores como Carlos Blanco, Xosé Antonio Touriñán, Judith Fernández e Tamar Novas. Con epicentro na Guarda, a película foi rodada en diferentes localizacións da provincia de Pontevedra. Rondallas chegará aos cines o día de Ano Novo.