Cargando resultados...
María Solar presenta o seu último libro, 'As malas ideas'
A xornalista da CSAG conta na novela a vida Elías inmerso nunha crise persoal e profesional
G24.gal
13/03/2026 21:30
A xornalista María Solar, da CSAG, presentou na tarde deste venres en Santiago o seu último libro. 'As malas ideas', que así se titula, conta a vida de Elías, natural de Ferrol, tras a morte do seu pai, inmerso nunha crise persoal e profesional.
A presentación contou cunha lectura introdutoria da actriz Mela Casal. A autora aproveitou a presentación para explicarlle á audiencia como construíu a historia e que motivacións tiña.