Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Festival da Luz celébrase este ano en agosto e contará cos Heredeiros da Crus, Mala Rodríguez ou Ilegales

O Festival da Luz celébrase este ano en agosto e contará cos Heredeiros da Crus, Mala Rodríguez ou Ilegales

Luz Casal presentou hoxe a décima edición desta "romaría" familiar e benéfica

A Fundación Andrea e a Cruz Vermella recolleron a recadación das dúas edicións anteriores

G24.gal 25/04/2022 15:06

Ilegales, Mala Rodríguez, Heredeiros da Crus ou Bala son algúns dos principais atractivos que o Festival da Luz propón para a súa décima edición. Un festival que cambia de mes por primeira vez, será os días 26, 27 e 28 de agosto, e que ademais incorporará novas actividades culturais aínda por desvelar, pero que mantén a esencia coa que foi concibido pola súa promotora.

Na presentación desta edición, Luz Casal insistía en que "hai certas cousas que son inamovibles: o feito de que sexa un festival benéfico, que teña esencia rural e que haxa música diversa".

Este ano, en Boimorto, comparten cartel cos xa mencionados Los Estanques, Delaporte, Fon Román, Colectivo da Silva ou Sexy Zebras, entre outros, e coa axenda aínda sen pechar. Tamén queda por coñecer para quen vai destinada a recadación desta edición. A das dúas últimas foi para a Fundación Andrea e a Cruz Vermella, que recolleron hoxe a doazón. 

Paco Pérez-Bryan, director musical do festival, explicaba que o feito de ser un festival benéfico "fainos únicos e moi especiais", por iso "agora que en España haxa tantísimos festivais, que isto siga adiante é un milagre".

Un milagre que, hoxe mesmo, antes de que se coñeceran os principais grupos que van actuar, xa tiña vendidas máis de 4.000 entradas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos