Publicador de contidos
Publicador de contidos

O experto en viños Paul Hobbs participou en Quiroga nun encontro con profesionais do sector

O experto en viños Paul Hobbs participou en Quiroga nun encontro con profesionais do sector

O enólogo e adegueiro defende a importancia do territorio na elaboración do viño

G24.gal 19/05/2024 21:17

O viño e o territorio están intimamente vencellados. Así o indicou o enólogo californiano Paul Hobbs, que lle concede “a maior importancia ao solo, a orografía do terreo, como están distribuídas as viñas e como se traballan”. No seu caso é dun xeito “pouco invasivo, pero moi preciso para sublimar a esencia do territorio nos  viños que pretenden facer”, di o experto norteamericano.

O enólogo ten unha adega en Quiroga, xunto cun promotor local, de aí a súa presencia na xornada técnica organizada pola Asociación Quiroga en marcha e dirixida a afeccionados e profesionais do sector do viño. 

O encontro rematou, como era de agardar, cunha degustación de viño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar