Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xulgado ratifica que non se atopou ningunha información no móbil de Déborah Fernández

O xulgado ratifica que non se atopou ningunha información no móbil de Déborah Fernández

O dispositivo apareceu en dependencias policiais sen SIM e vinte anos despois de que fora entregado

G24.gal 30/01/2024 18:02

O exame do teléfono móbil de Déborah Fernández, a moza viguesa que apareceu morta no Rosal no 2002, non rebela información algunha relativa a contactos, chamadas ou SMS.

Así o notificou o Xulgado de Instrución número 2 de Tui, tras a análise realizada pola Policía Nacional ao móbil que foi achado en dependencias policiais case vinte anos despois de que a nai da muller entregara o dispositivo.

Nun comunicado, a familia de Déborah lembra que o teléfono apareceu sen a súa tarxeta SIM, un feito "que non se explicou" a pesar das reclamacións realizadas polos seus avogados.

"Aínda que era esperado este resultado", segundo subliñan os letrados da familia da vítima, estes mostraron a súa "indignación" ao comprobar que o informe policial sobre ese teléfono está asinado en setembro de 2023 e que non foi entregado ao xulgado ata o pasado 15 de xaneiro.

Ademais, censuran que o informe só conteña "nove liñas" e non ofreza explicacións sobre as actuacións que levaron a cabo tras o achado do terminal, cando ademais a Policía e o xulgado se negaron a que os peritos de parte estivesen presentes no seu exame.

Tomaráselle unha mostra xenética ao seu exmozo

O xulgado notificou que se procederá á toma de ADN do único investigado pola morte da moza, a súa exparella, xa que o trámite realizado en 2002 "era irregular", segundo os avogados da familia. Ademais, afirman que non había "datos fidedignos" de que fose o seu ADN.

Segundo engaden no seu comunicado, a segunda toma de ADN realizada no 2010, "ou ben non se remitiu ao Instituto Nacional de Toxicoloxía ou ben o resultado da mesma non se uniu ás actuacións, pois non constaba o resultado da devandita proba".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade