Cargando resultados...
Un boleto selado en Ribeira deixa un premio dun millón de euros
Foi no sorteo do Euromillón
G24.gal
03/09/2022 18:52
Última actualización 03/09/2022 19:14
O sorteo do Euromillón de onte á noite deixou un premio millonario en Ribeira. Polo de agora, nada se sabe de quen foi o agraciado.
O boleto selouse na administración número 1 do concello, que viviu unha mañá de celebración. Parte da clientela habitual achegouse a comprobar se gañara un millón de euros. Ata onde sabemos, non houbo sorte.