Publicador de contidos

Publicador de contidos

O euríbor supera o 2 % en setembro, máximos desde novembro de 2011

O euríbor supera o 2 % en setembro, máximos desde novembro de 2011

Este forte incremento afectará a todos aqueles que teñan que revisar a súa hipoteca

EFE 16/09/2022 12:39

O euríbor a doce meses, o indicador máis utilizado para calcular os préstamos hipotecarios en España, alcanza unha taxa media provisional no mes de setembro superior ao 2 %, o que supón o seu nivel máis alto desde novembro de 2011.

Segundo os datos de mercado consultados por Efe, o indicador, que segue disparado, alcanzou este venres unha taxa diaria do 2,263 %.

Así, a taxa media de setembro sitúase de forma provisional no 2,016 %, moi superior á de agosto, cando foi do 1,249 %.

Este forte incremento do euríbor afectará a todos aqueles que teña que revisar a súa hipoteca variable co dato de setembro.

Como exemplo, no caso dunha hipoteca media de 150.000 euros, cun vencemento de 25 anos, e un interese do euríbor máis o 1 %, a cota mensual pasará de 532 euros a 712 euros, o que supón un incremento de 180 euros mensuais ou máis de 2.100 euros anuais.

E é que hai un ano, en setembro de 2021, o euríbor pechou en negativo, no -0,492 %.

O indicador mantense á alza nos últimos meses como consecuencia da subida de tipos de xuro que está a levar a cabo o Banco Central Europeo (BCE) para controlar a inflación.

O pasado día 8, o BCE subiu os seus tipos en tres cuartos de punto porcentual, ata o 1,25 %, e anunciou que os seguirá aumentando máis este ano e en 2023 porque a inflación é demasiado elevada e seguirá moi alta por máis tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade