Publicador de contidos

Publicador de contidos

A suba dos tipos afecta as hipotecas

A suba dos tipos afecta as hipotecas

G24.gal 21/07/2022 22:13

O 75 por cento das hipotecas contratadas en España son de tipo variable, así que, algo máis de catro millóns de persoas verán como medran as cotas dos seus créditos.

"Seguro que me vai subir, porque teño hipoteca variable, e cando ma revisen apertarei o cinto seguramente".

"Non o sei ata a próxima renovación, que é en novembro, pero coido que vai subir e vai afectar para mal".

Porque a suba pode non ser pequena. Vai depender da cantidade solicitada no seu día, pero a media calcúlase en mil euros máis ao ano. 

"De entrada a xente vai ter menos poder adquisitivo, agora verase o problema da xente que colleu hipotecas cunha cantidade elevada. Xente con hipotecas pequenas posiblemente poida asumir de forma tranquila esta suba dos tipos de interese, pero as máis grandes pois ao mellor a xente empeza a asustarse un pouco" explica Carlos Torre, asesor financeiro.

Ante a incerteza, moitos son os que fan cálculos mentres outros pensan xa en cambiar as súas hipotecas a outras de tipo fixo.

"Esa suba repercute bastante no mes que tes que pagar, para o ano que vén vaise notar. Ao mellor son 30 ou 40 euros máis ao mes."

"Eu teño outra hipoteca que vou cambiar para tipo fixo."

Por outra banda, os expertos coidan que esta suba nos tipos pode mudar a tendencia no aforro e que nos próximos meses os bancos volverán comercializar produtos de depósito, que nos últimos anos case desapareceran, cos tipos de interese en valores negativos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade