Aumentan os créditos ás familias e ás empresas
Soben un 2,6 % en abril, o maior avance en 16 anos segundo o Banco de España
A demanda de crédito non ten freo. Os fogares españois acumulan débedas por un valor que roza os 700 mil millóns de euros.
"Cada vez estamos mais hipotecados", advirte unha consumidora.
Botamos man dos créditos para afrontar gastos que non alcanzan os ingresos das familias.
"Antes podíase aforrar. Hai que facer moitas contas e ás veces non me queda outra que tirar da tarxeta", admite unha consumidora.
E é que os créditos ao consumo son os que máis aumentan. Case un 8 % en abril, o maior avance en 16 anos. Compras domésticas, reformas, vacacións e mesmo para devolver créditos anteriores.
En máximos tamén se sitúan os créditos hipotecarios, en plena escalada do prezo da vivenda.
"É que compensa pagar unha hipoteca ao prezo que están os alugueiros", asegura unha consumidora.
Os expertos advirten dos riscos dun excesivo endebedamento.
"Que revisen ben as condicións da contratación. Que saiban que cartos terán que devolver en que prazos e que cotas", explica Itziar Fernández, portavoz da OCU.
Para evitar situacións das que, en ocasións, é complicado saír.