Publicador de contidos

Publicador de contidos

Conclúe o operativo de emerxencias posto en marcha tras o incendio dun barco en Ribeira

Conclúe o operativo de emerxencias posto en marcha tras o incendio dun barco en Ribeira

O lume está apagado xa e o barco mantense practicamente estabilizado

G24.gal 05/09/2025 14:08

Tras catro días de tarefas de extinción, dáse por rematado o operativo de emerxencias posto en marcha tras incendiarse o barco Awadi no porto de Ribeira.

O que aínda se manteñen son as inspeccións de control. O lume xa está apagado e conseguiuse estabilizar o barco en gran medida. Agora correspóndelle ao armador decidir se traslada o barco e a que lugar o fai, tramitando os permisos ante Capitanía Marítima.

O arrastreiro, duns 50 metros de eslora e con bandeira de Mauritania, comezou a arder o pasado luns. No operativo participaron a Consellería do Mar, Capitanía Marítima, Salvamento Marítimo, así como os Bombeiros e o grupo de Emerxencias de Ribeira e Boiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade