O euríbor marca o seu máximo e encarece a hipoteca 242 euros ao mes de media
O euríbor marca o seu máximo e encarece a hipoteca 242 euros ao mes de media
Con estes datos os que revisen a súa hipoteca agora experimentarán unha suba de 2.816 euros ao ano
O mes de novembro pechou co euríbor, o índice de referencia para a maioría das hipotecas en España, no 2,828 %. Preto xa do 3 por cento. Aos que lles toque revisión terán que pagar bastante máis. Falamos de cotas mensuais de ata un 46 % máis elevadas,
Para unha hipoteca media de 150.000 euros, a 25 años e cun tipo de euríbor +1%, pagaba en novembro do ano pasado 532,85 euros mensuais. Co euríbor de agora (2,828%) terá que facer fronte a cotas de 777,58 euros. É dicir, 244,73 euros máis ao mes.
Pendentes da próxima reunión do Banco Central Europeo (BCE), o 15 de decembro, xa que pode supoñer unha nova alza dos tipos de xuro, tal e como leva sucedendo dende hai un meses consecutivos. Malia todo a longo prazo hai expertos que apuntan a un estancamento do euríbor.